Esta é a nosa historia… A de dous navegantes que tras percorrer os mares durante vinte anos e retomando o romanticismo dos vellos exploradores, deciden que xa e hora de construíren o seu propio navío e achegarse ás profundidades do océano.

Nese intre, xurdiunos unha dúbida ¿Que clase de embarcación deberíamos de construír para que poida superar tódalas adversidades? Tras estudar o tema, pronto chegarían as inspiracións. Seica no 1960 os exploradores Jacques Piccard e Don Walsh alcanzaron o fondo oceánico nun aparello da súa invención bautizado co nome de batiscafo. A profundidade do descenso foi calculada en máis de dez quilómetros superando tódalas barreiras da época e facendo historia ao tocar o fondo do planeta na Fosa das Marianas.

¡Iso é! Exclamamos… Por fin chegou o consenso esperado. ¡Éste sería o vehículo escollido para cumprir os nosos propósitos! E é que o batiscafo é un aparello de submersión robusto pensado para soportar altas presións.

O que nos leva a fundar e enrolarnos no ano 2019 na produtora de vídeo:

Somos un equipo experimentado que se esforza por crear vídeos visualmente atractivos. Nós ideamos, Nós filmamos, Nós editamos. O noso é o audiovisual.